διαβάζεται...
Syriza world wide news

Beiras: «Rajoy é un delincuente moral e ético»


Beiras: «Rajoy é un delincuente moral e ético»

Xosé Manuel Beiras quenta motores de cara a súa inminente estrea como voceiro parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda despois de que o Parlamento se constitúa o próximo día 16. O líder da Anova Irmandade Nacionalista acusou este domingo ao presidente do Goberno de ser un «delicuente en termos morais e éticos».

Na súa opinión, Rajoy debería ser inhabilitado porque «dende o mes de novembro do ano pasado está machacando aos cidadáns que o votaron». Nunha entrevista na Ser, o político galego argumenta que até hoxe Rajoy fixo exactamente o contrario do que prometeu en 2009.

Sobre a política galega, Beiras indicou que de novo está a prol da unidade de todos os nacionalistas e que o inimigo a bater sempre será o PPdeG. O deputado electo reclamou ao BNG «feitos» e non «palabras», ao fío das voces dentro da fronte que reclaman un diálogo con Anova para volver xuntar ao nacionalismo.

Con todo, o catedrático de Económicas mostrouse escéptico sobre eses chamamentos polo «desprezo» da oferta lanzada por Anova antes das eleccións. Na súa opinión, o cambio no BNG farase «se as bases o impoñen ou a dirección recupera o sentido».

Beiras quixo destacar que, polo de agora, non hai diferencias con Esquerda Unida, o principal socio na coalición AGE, na intención de artellar unha oposición á marxe do «políticamente correto». EU ten na Cámara cinco deputados, mentres que AGE ten catro. En opinión do ex-voceiro nacional do Bloque trátase dun «equipo moi compenetrado».

Advertisements

Συζήτηση

Τα σχόλια είναι απενεργοποιημένα.